miércoles, 9 de mayo de 2012

Pequenos Pantalóns ou Little Leggins

¡É certo! ¡Sí! ¡Rematei os pantalonciños para os meus pequechos! :) E quedaron ben lindos, a verdade.
Así é que hoxe vou colgar o patrón para que poidades animarvos. De novo escollín un patrón de Susie Johns do seu libro de patróns para bebés de 0 a 3 anos. Como está en inglés e non compartido na rede déixovolo aquí en galego. Espero que gostedes.

PATRÓN

Lá: Rowan Belle organic dk en novelos de 50g. 50% lá orgánica e 50% algodón orgánico. 
Cores laranxa e verde. Consumín 2 nobelos para cada un dos pantalóns (fixen a medida pequena de 3-6 meses). Por certo! Gostei moitísimo deste xénero de Rowan.
Agullas: Rectas. 2 pares de 3.00 mm. e de 3.75 mm. Eu empreguei 3.50 e 4.00 mm.
Para os cordellos necesítanse as agullas de dople punta do 3.25 mm. (como as que empréganse para facer oitos) Eu non tiña así que apañeime con agullas de coser lá ;)
Remates con agulla de coser lá.
Medidas: 3-6 meses (9-12) meses.
Dificultade: Intermedia

A única crítica que podo facerlle a este libro de labores é que non trae gráficos das mesmas. Non sei a vós, pero a min encántame ter os debuxos para entender ben os patróns, así que póñovos un esquemiña da perna esquerda (a dereita é o mesmo pero á inversa) para que entendades ben como é que vai o choio. Estas medidas son para 3-6 meses  tomadas na miña labor. Lembrade que eu calcetei con agullas un pedazo máis grosas ;)




PERNA DEREITA:
**Coas agullas do 3.00 montamos 57(61) puntos.
Pasadas 1 a 6: Punto elástico 1/1 (1 punto de dereito, 1 punto do revés).
Agora faremos os ocos para o cordello.
Pasada 7: Calcetamos un punto do dereito, *pasamos un fío, calcetamos dous xuntos, punto do revés, punto do dereito*. Repetimos de * a * ata o fin da pasada.
Pasadas 8 a 12: Punto elástico 1/1 como se presentan (isto quere decir que algunhas pasadas comezan por punto de dereito e outras do revés).
Cambiamos ás agullas de 3.75 mm.
Pasada 13: Calcetamos todos os puntos do dereito.
Pasada 14: Calcetamos todos os puntos do revés.**

Dámoslle forma ó culete: (Un pouco máis abaixo tedes unha foto deste detalle. Fai un efecto de que a labor ábrese como un abano grazas a estas pinzas as que darémoslle xeito agora)
Pasada 15: Calcet. do dereito 11(12) puntos. Xiramos a labor como se rematáramos a pasada.
Pasada 16: Calcet. do revés eses 11(12) puntos.
Pasada 17: Calcet. do dereito 17(18) puntos. Xiramos.
Pasada 18, 20, 22 e 24: Calcet. do revés esos puntos.
Pasada 19: Calcet. do dereito 23(24) puntos. Xiramos.
Pasada 21: Calcet. do dereito 29(30) puntos. Xiramos.
Pasada 23: Calcet. do dereito 35(36) puntos. Xiramos.
***Agora comezamos a facer punto liso (unha pasada de dereito e outra do revés) e aumentamos un punto ao comezo da 5ª pasada (coincide con pasada de dereito). Continuamos a punto liso e agora aumentamos un punto ao comezo das seguintes 8ª pasadas (que coincide con pasada do dereito tamén). OLLO! Despóis da 5ª comezamos a contar e volta a ser pasada 1. Isto ata que teñamos un total de 61(65) puntos.
Continuamos sen aumentos a punto liso ata que teñamos 18(19) cm. de labor desde a montaxe dos puntos.***

Dámoslle forma á perna:
****Continuamos a punto liso e menguamos un punto ao comezo e ao fin de cada pasada alterna. Isto ben sendo que toca menguar nas pasadas do dereito e nas do revés non. Así 5(6) veces ata que teñamos 49(51) puntos.
Despóis o mesmo pero nas seguintes 4ª pasadas en 7(8) veces ata qeu teñamos 35 puntos.
Continuamos a punto liso sen menguados ata que a labor mida 36.5(39.5) cm. desde a montaxe dos puntos. 
Cambiamos ás agullas do 3.00
Seguintes seis pasadas a punto elástico 1/1. Rematamos os puntos e xa temos a perna dereita.****

PERNA ESQUERDA:
Traballamos desde ** ata ** como na perna dereita.
Dámoslle forma ó culete:
Pasada 15, 17, 19, 21 e 23: Calcet. do dereito todos os puntos.
Pasada 16: Calcet. do revés 11(12) puntos. Xiramos.
Pasada 18 Calcet. do revés 17(18) puntos. Xiramos.
Pasada 20: Calcet. do revés 23(24) puntos. Xiramos.
Pasada 22: Calcet. do revés 29(30) puntos. Xiramos.
Pasada 23: Calcet. do revés 35(36) puntos. Xiramos.
Traballamos desde *** ata *** como na perna dereita.
Dámoslle forma á perna:
Traballamos desde **** ata **** como na perna dereita.

CORDELLO:
Coas agullas de doble punta do 3.25 montamos dous puntos.
Pasada 1: Calcetamos do dereito os dous puntos, e sen xirar a labor deslizámola ata o outro extremo da agulla.
Pasada 2: Calcetamos do dereito collendo o fío dende detrás da labor. Repetimos e deslizamos a labor ao outro extremo da agulla sen xirala.
Con isto conséguese un efecto de cordello redondiño porque a labor vai xirando sobre ela mesma. Continuamos ata que o cordello mida 95(105) cm. e rematamos.

MONTAXE:
Con agulla de coser lá comezamos por coser os culetes, as partes de diante e por último as pernas. Metémolo cordello polos buratos da cintura e xa temos os nosos pantalonciños listos para xs máis pequechxs da casa.

Ata a próxima a todas as persoas amantes da calceta. :) Tribicos



9 comentarios:

  1. Alaaaa!!que cousiña máis linda!! Qué gusto da velos rematados!
    Bicos e máis bicos
    María

    ResponderEliminar
  2. Y la foto con las pinzas es preciosa!!

    ResponderEliminar
  3. Que chulos!! Estoy deseando verlos puestos. Susana

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas Susana. Será o único día que non vaian de "Mateos" ;)

      Eliminar
  4. Quedaron P-R-E-C-I-O-S-O-S!!
    E, por enriba, aprendín moitas cousas que non sabía, mentres calcetabas: o das pinzas, o de tecer os dous ao mesmo tempo, e o do cordelliño, que vou probar un día destes, porque seguro que o uso para algunha outra cousa das miñas...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas rula! Cada día o teu galego flúe mellor! :D

      Eliminar
    2. Teño unha das mellores mestras, xa cha presentarei...

      ;)

      Eliminar